viernes, 5 de junio de 2015

Rally Rias Baixas 2015


O día 29 de mayo celebrouse  o Rally Rias Baixas que pasaba por Prado e distintos sitios.
Dende o meu punto de vista o Rally é un evento xenial para aquelas persoas como eu que nos gustan as Gincanas e os Rallys. Sen embargo a min ese día tocoume traballar nunha carabana bar co meu pai e meu irmán coa miña nai, nun carrito bar. 
Tiven que estar atendendo a xente, vendendo bocadillos, empanadillas, refrescos, cerveixa, cubatas... etc. Ese día fun comer a casa de Rosi, e de alí fomos as dúas para o Rally. Ela estivo con nós, axudándonos, ela preferiu estar dentro na carabana dándonos as cousas para afora e axudando a meu pai a facer bocadillos, mentres eu atendía a barra. Cando meu pai saía para fóra Rosi moitas veces tamén, senon quedaba na cabarana vendo o Rally pasar. A pesar de estar traballando tamén nos ratos libres podía ver o Rally.  Sen dubida   pasámolo moi ben. A min gustame este traballo porque xa levo moitos anos axundándolle a meus pais dende os nove anos, e traballando tamén me divirto, aparte que xa estou a costumada a todo tipo de xente que vén comprar.
No Rally eran setenta e un coches competindo por ter o menor tempo e poder gañar, sen romper o coche, entre eles había sete porches. 
Un coche no Rally tuvo un accidente, foi unha chabala cun coche negro, desde o accidente parouse o Rally media hora, e pasou a ambulancia para ver se pasara algo grave.
No que sí que me fixaba eu era que os coches nunha curba diante nosa, en vez de ir pola carretera se metían pola terra e así recortaban a estrada e aforraban tempo, tamén un coche se despistou e tuvo que frenar rápido para poder coller a curba ben, un coche chocou contra a parada de autobús. 
A maior parte da xente que miraba o Rally eran xóvenes, e maiores había pero menos. 
O Rally acabou as nove e media da noite, e comezou as seis e seis minutos da tarde. A cada minuto saía un coche e así un detras do outro. As estradas se cerraban dúas horas antes de que comezara e despois de acabar, ao parar dúas horas habrían as estradas.
Nos saímos do Rally as doce da noite, mentres recollimos todo.
En definitiva a min gustoume moito porque me encantan os coches, os trompos que fan e todo, é una pasión. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario